Este é o repositorio onde está o escenario de GalizaTTD, así como todos os NewGRFs e librarías que se utilizan.
Note
💡 Podes unirte ao Discord de GalizaTTD a través da ligazón https://i.gal/GalizaTTD
- 🗂️ Táboa de contidos
- 🌈 Compoñentes principais
- 🚀 Como comezar a xogar
- 🙋 Soporte e contribucións
- 🏆 Créditos e recoñecementos 🙏
- ⚖️ Licenza
- 🌍 Escenario feito a partir do mapa de alturas, engadindo manualmente todos os ríos, os 313 concellos de Galiza e moitas mais vilas de Asturias, León e Portugal.
- 🌐 Localizado a galego o xogo base e o JGR Patch Pack, así como os principais NewGRF (Industrias, ferrocarrís e vehículos de estrada)
- 🏭 Pack de Industrias baseado en FIRS que expande as posibilidades con características propias da economía galega tanto do pasado coma da actualidade.
- 🚆 Ferrocarrís, estradas, globos aerostáticos e outros NewGRF desenvoltas para GalizaTTD.
- 📦 NewGRFs para decoracións (Auz) e moitos máis de apoio.
- A Xeración de mapa de alturas non inclúe os ríos mais aló da desembocadura, xa que están a máis altura. Tampouco as vilas, ainda que iso pode ter solución nun futuro próximo.
- Desenvolver un pack de casas incorporando casas propias de cada rexión que se vaian construíndo soas nesas rexións baseandose na localización. Comezado pero deixado para mais adiante.
- Desenvolver un pack de obxectos decorativos propias da Galiza onde se inclúan castros, faros, monumentos varios e o que consideremos.
- En caso de facer novos tipos de chan, hai unha ferramente dispoñible en Github para facela apta para pendentes e costas: https://github.com/chujo-chujo/Slope-Generator
- Facer a localización do pack de trens de China.
Temos unha serie de vídeos onde, ademáis de explicar conceptos básicos do xogo, comezamos pola instalación, podes velos nesta ligazón.
- OpenTTD JGR Patch 0.61.0 - O noso escenario está pensado para xogar en partidas cooperativas con todas as funcionalidades do parche. Actualmente usamos a versión
- Descargar este repositorio e levar as carpetas
game
,newgrf
escenario
a carpeta de ficheiros do OpenTTD, a saber:- Windows:
Mis Documentos ➜ OpenTTD ➜ newgrf
- MacOs:
~/Documents/OpenTTD/newgrf (OSX)
- Linux:
~/.local/share/openttd/newgrf
- Windows:
Unha vez cumplidos os requerimentos só hai que iniciar o xogo e premer en Xogar escenario ou xogar Mapa de alturas e escoller o de galizattd.
As partidas multixogador no escenario, de habelas, organizaremolas mediante o Discord de GalizaTTD, o cal podes acceder mediante esta ligazón.
Se necesitas axuda ou queres axudar co proxecto (contribuindo co escenario, localización ou calquera outra cousa), podes facelo aquí ou a través do [Discord]. Se o cambio que queres facer afecta directamente o escenario, coméntao antes de facer cambios xa que pode que haxa unha versión máis recente pendente de subir ao repositorio. Calquera contribución será gratamente recibida.
- Pablo Villaverde Castro - @fedello
- Jose Parada - @randomHose - Testeo e sprites de NewGRFs propios
- Miguel González - https://mgtrad.gal/ - Contribución inicial coa localización o galego
- Asociación Cultural Obradoiro Dixital Galego
- Distribuído baixo a licenza GNU GPL-v3. Ver LICENZA para mais información.